A CARTA DE PRESENTACIÓN

15:27 hostalaria.blogspot.com 0 Comments

A CARTA DE PRESENTACIÓN



Normalmente, o curriculum vai acompañado dunha carta de presentación. Ésta é a encargada de suscitar o interese da persoa que vai recibir o curriculum. A súa función non é repetir o contido do curriculum, senón destacar os teus aspectos persoais máis relevantes. É convinte personalizala segundo a empresa e o posto de traballo ao que optes, e non debes esquecer de que é tan importante coma o teu curriculum.


Partes dunha carta de presentación:

1. Encabezado. Na marxe esquerda superior pon os teus datos persoais. Na marxe dereita superior o nome e datos sobre a empresa que oferte o emprego e debaixo  o lugar e a data.




2. Saúdo Inicial.



3. Primeiro Parágrafo. Menciona a fonte de información. Coida ó máximo a forma, sé directo e escribe en primeira persoa. Nunha autocandidatura, demostrálles que coñeces a súa empresa, por que queres traballar nela e por que te presentas a ese posto de traballo.



4.Segundo Parágrafo. Xustifica por qué es idóneo para o posto. Amosa seguridade, pero non excesiva confianza. No caso da autocandidatura, aclara de que queres traballar e nomea os aspectos do teu curriculum e da túa personalidade relacionados co posto.



5. Terceiro Parágrafo. Deixa claro o teu interese polo posto de traballo e o desexo de obter unha entrevista ou resposta.



6. Despedida.Ten que ser correcta e sinxela. Debemos agradecer ó lector o seu interés . E debe levar a sinatura.

Non esquezas...

Valora o positivo da túa personalidade e sinala as características significativas ou puntos fortes polos que te consideras beneficioso para a empresa.




Resalta aspectos ou calidades que se axusten ó  posto.



Diríxea a unha persoa concreta, en caso de non coñecer a súa identidade debe dirixirse ó Director do Departamento de Recursos Humanos ou ó Director de Persoal.



Non repitas información que xa está escrita no teu curriculum.



Personaliza a carta na medida do posible, debes evitar que se produza no lector a sensación de atoparse ante unha carta tipo fabricada en serie. Debe escribirse unha carta para cada posto de traballo.





0 comentarios: