A ORGANIZACIÓN ESTRATÉXICA NA BUSCA DE EMPREGO

13:48 hostalaria.blogspot.com 0 Comments


A ORGANIZACIÓN ESTRATÉXICA NA BUSCA DE EMPREGO






Obradoiro de procura activa de emprego servizos sociais versión modificada from

LOLIFONTENLA



ALGO CHAMADO MEDO



Crisis económica, despido, cambios non desexados... Todo iso abre a caixa de Pandora dunha emoción silenciosa pero intensa: o medo.

O medo é unha familia de emocións que van desde o estrés ata o pánico, pasando polo ansiedade ou o temor. 
Todos sentimos o medo nalgunha das súas variedades cando debemos enfrentarnos a un cambio, a unha decisión importante e cando non temos traballo. 



Pola contra, o medo é un tabú do que case non se fala, aínda cando un sufriu unha regulación de emprego ou se cansa de enviar currículos sen ser aceptado.



Posiblemente, nos procesos de busca de emprego a emoción máis importante para analizar é o propio medo e o estrés.



Pero non debemos quitarlle valor ó medo. Este é necesario porque nos axuda a ser prudentes e a non embarcarnos na compra de casas se non temos traballo, por exemplo. Ten a súa base biolóxica e axudounos a chegar aquí como especie.

Equilibrou certos comportamentos, como por exemplo, como asomarnos en exceso a unha ventá.
Pero ese medo pode deformarse e asasinar o noso potencial. Entón convírtese nun medo tóxico que dana as nosas capacidades e nos impide ser creativos.
O medo equilibrante e sano e o medo tóxico están intimamente relacionados xa que nacen da mesma emoción pero o tóxico é unha deformación do primeiro.
Por exemplo, tememos cometer erros (medo equilibrante), pero cando nos bloquea o proceso de busca de emprego  por non soportar o medo ó rexeitamento  é un medo tóxico.... 



O traballo non chega por arte de maxia, senón por múltiples intentos desde diferentes sitios.  




TIPOS DE MEDOS


¿E a que temos medo?

Temos que analizar a motivación. 

A persoa que esté moi orientada ó logro probablemente fuxirá do fracaso.
Aquel que necesite integrarse no grupo temerá o rexeitamento ou a soidade.
A persoa á quen lle motive influir nos demais a perda de poder será o seu peor pesadelo.

Por suposto son casos extremos. Pero temos que engadir dous moi importantes: 
- o medo á non sobrevivir  ( a non chegar á fin de mes)  e 
- o medo ó cambio.








O medo é biolóxico , téñenno todos os mamíferos cando protexen os seus fogares. 
E pode chegar a ser moi intenso e paralizante.




O prezo que pagamos polo noso medo



O medo non motiva. O medo diminúe a creatividade, a capacidade de innovación, de adaptación ós cambios e da nosa  visión de futuro.
Cando temos medo paralizámonos, envellecemos e somos menos felices.
Cando un ten medo na súa busca de emprego  a que lle digan que non, non innova, non fará nada diferente como acceder a redes sociais,  rede de contactos, en definitiva, non actuará de xeito distinto.

Un despido nunha cultura latina como a nosa, ten ademais outras consecuencias. Medo ó que dirán, medo a non ser aceptados ou a non ser queridos.
O instinto social dos homes baséase  no medo á soidade. 
A dificultade de ser aceptados vése dificultada no mundo nos que nos tocou vivir, onde algúns dos valores máis altos son a beleza ou o éxito.


O home necesita atopar un sentido á súa vida. Moitas veces no mundo actual enchemos o vacío con cousas materiais.... Cremos que a nosa valía persoal dependen do ter  e non do ser. É dicir, poñemos o valor nun posto e non na persoa. E ese é a dor de fondo dun despido. 

Máis alá de non poder pagar a hipoteca está o sabor amargo do "eu non sirvo" e do medo ó rexeitamento.

 Pero non nos esquezamos de que, por moito que perdamos nas nosas vidas, nunca perderemos o que somos e os nosos valores . E esa, é a auténtica riqueza do ser 


Ante un despido ou un cambio non desexado, existe algo universal: "Todo o mundo sae adiante".
Pode que sen tantos cartos ou sen tanto "status", pero arranca outra vez. 
Afecta ao que teño, non ao que son. 


CANDO UN SE ASENTA SOBRE O QUE É (O SEU SER) PODE MIRAR Ó MEDO SEN TEMELO.


Unha situación non desexada tamén é unha oportunidade para revisar os nosos principios. Sen dúbida que se sofre cando un non ten traballo e desexa atopalo.
Pero de aí se sae, pode que con cicatrices, pero se sae. E na maioría dos casos saes máis forte, con máis valores . 

Moita xente sufriu un despido nas súas vidas, e no xeito en que afronte a busca de emprego, o optimismo , a renovación.... De isto vai depender o noso éxito cando voltemos ó mundo laboral. 

As dificultades son oportunidades vestidas de faena e o noso reto como persoas é a busca da felicidade.
Na medida en que saibamos buscala e atopala en nós mesmos e no que nos rodea , seremos máis capaces de atopala e de aislarnos dos medos que sentimos. 



Como dicía Nelson Mandela " no es valiente quien no tiene miedo sino quien sabe conquistarlo"

¿PREPARADOS PARA A CONQUISTA?

















0 comentarios: