O AUTOANÁLISE

12:58 hostalaria.blogspot.com 0 Comments


O PROXECTO PROFESIONAL




Debemos indagar para ter claro cales son os nosos recursos persoais: actitudes, capacidades, rasgos da nosa personalidade, experiencias de aprendizaxe, os nosos intereses. Todo o que constituiría o noso potencial profesional.


Coñecer que capacidades temos, que nos gusta facer, que se nos da ben, como nos ven as demais persoas, que o que nos gusta e a onde queremos chegar. Recoñecer aquelo que aportaremos á sociedade e ao mundo laboral a través das destrezas adquiridas e da nosa experiencia persoal e vital.


O primeiro paso na busca de emprego é a autoanálise; é imprescindible para establecer o proxecto profesional.




- Que é o que queremos facer e o que podemos aportar.



-Coñecer as nosas limitacións e a forma de superalas.



-Elaborar ou deseñar o proxecto.





1) AUTOANÁLISE INTERIOR



-Percorrer a propia traxectoria profesional.


-Avaliar as nosas competencias a través dos logros persoais, académicos e profesionais ao longo da vida.


-Decidir o traballo que queremos, pensar nas nosas motivacións. Afondar nas característícas da nosa personalidade.


- Establecer as nosas metas profesionais a curto e longo prazo.





2) AUTOANÁLISE EXTERIOR.




-Facer un estudo do mercado laboral onde queremos introducirnos.


- Ver os requisitos do perfil profesional que nos interesa e ver se reunimos ditos requisitos ou se temos que mellorar a formación, as habilidades, a experiencia ou calquera tipo de competencia que necesaria para ser máis competitivos.






1.      Coñécete a ti mesma/o.
2.      Limita as túas competencias.
3.      Deseña un perfil do posto ao que queres optar.
4.      Coñece o mercado laboral.
5.      Non hai fronteras físicas nin psíquicas.
6.      Busca en todos os médios.
7.      Internet é o camiño.
8.      Desconfia de ofertas espectaculares.
9.      Personaliza o teu CV, adáptao.
10.  Fai un seguimento e consigue a entrevista.
11.  Elixe ben.
12.  Sigue formándote



http://empleo.gijon.es/page/849-autoanalisis









0 comentarios: