O MERCADO DE TRABALLO

14:33 hostalaria.blogspot.com 0 Comments



O MERCADO DE TRABALLO



O mercado de traballo está formado pola converxencia de dous feitos:  a oferta e a demanda. 



A situación e evolución que segue o mercado de traballo de calquera economía é por tanto o resultado de estas dúas variables. 



Os sistemas laborais son abertos e gardan unha estreita relación con outros sistemas dos que recibe influencia: o sistema político, o sistema económico, o sistema social, o sistema monetario, etc., que condicionan o funcionamento do sistema laboral.







1.- A OFERTA DE TRABALLO


O mercado de traballo refírese á poboación activa, cuxa definición e compoñentes quedan especificados na EPA ou Enquisa de Poboación Activa..


OFERTA DE TRABALLO= POBOACIÓN ACTIVA

                                             =OCUPADOS +PARADOS





A oferta de traballo está determinada por catro factores fundamentalmente: 





1.1- Factores demográficos

1.2- Factores sociais e culturais.
1.3- Fluxos de entrada e saída de emprego
1.4- Fluxos de entrada e saída de poboación activa.





A oferta dependerá do número de persoas maiores de 16 anos, Neste sentido dependerá tanto do crecemento natural da poboación como dos fluxos migratorios.










2.- A DEMANDA DE TRABALLO



A demanda no mercado de traballo representa a cantidade de traballadores que as empresas están dispostas a contratar. A interacción de estas dúas variables determina os salarios no mercado laboral . Por tanto,se o salario é moi alto só se contratará a uns poucos. En sentido contrario, nun mercado no que os salarios son baixos, pódese contratar a máis traballadores aínda que estes produzan menos cantidade de bens no mesmo tempo.




Moitas veces os servizos que necesitan cubrir as empresas non se axustan ás capacidades profesionais que posúen os demandantes de emprego.

¿Por qué?



-polo incremento da poboación activa coa incorporación de moitas mulleres e mozos ao mercado laboral.



-polos avances tecnolóxicos que producen novas profesións e novas formas de traballo.



-pola internacionalización dos mercados que buscan entornos máis favorables, sen fronteiras e con mobilizacións de persoas e de capital.



-pola integración no Mercado Único e na Unión Europea, que produce máis competitividade e libre circulación de persoas, de bens e de servizos.





Todo isto produce unha necesidade de transformación e adaptación do mercado laboral .



A clave para entrar neste mercado é ter un currículo flexible e polivalente.


Hoxe, o verdadeiramente importante é desenvolver unha serie de actitudes e habilidades, como xa vimos anteriormente.




As actitudes : responsabilidade, iniciativa, organización, adaptación, flexibilidade, autovaloración .



Habilidades como : capacidade para aprender, capacidade para comunicarte, traballo en equipo


                                                        


As tendencias actuais do mercado de traballo son : 

- o incremento da ocupación do sector servizos

- unha tendencia á promoción de actividades económicas que melloren a calidade de vida, o ocio e o benestar social.




http://www.adecco.es/_data/NotasPrensa/pdf/660.pdf





http://www.adecco.es/_data/NotasPrensa/pdf/639.pdf



Adecco Professional é a consultora de selección do Grupo Adecco, especializada nos principais perfís profesionais da área comercial, tecnoloxías da información, sanitaria, financeira, legal, de enxeñería, sector loxístico e sector retail...
Adecco prevé unha elevada demanda de determinados perfís profesionais estratéxicos para as empresas.
 É importante coñecer como evolucionou a contratación de áreas laborais ao longo do pasado ano 2014. 
 Así, en función dos procesos de selección que Adecco P. realizou en 2014, a área de informática foi a que liderou a maior contratación (28,3% do total das contratacións de perfís cualificados , mentras que o ano anterior fora do 16,5%, ocupando a cuarta posición.

Hai áreas concretas nas que se aprecia unha clara evolución dos perfís que foi demandando o mercado. Por exemplo os perfís tecnolóxicos que se buscaban hai dez anos estaban enfocados a tecnoloxías JAVA, SAP ou programación web; todas as empresas estaban incorporando as novas tecnoloxías á súa estrutura, lanzando webs corporativas máis dinámicas para chegar a máis xente. Cos anos, estos perfís aíndas se seguen contratando pero en menor medida, e dan paso a outras figuras especializadas en ferramentas centradas na análise de grandes cantidades de información.
Algo parecido ocurre tamén nos perfís vinculados á área de marketing. Hai anos os profesionais que demandaban as empresas nesta área, eran especialistas en ventas, perfís eminentemente comerciais, que se encargasen de xestionar o marketing no punto de venta, os canais de distribución... Nos últimos anos eses perfís especializáronse en novas técnicas que se centran no mundo on line.


http://www.urv.cat/media/upload//arxius/CAE/oprofessional/informe-anual-mercado-laboral-infoJobs%20mayo%202015.pdf





Estado actual do mercado laboral español  



O contexto económico.-

Pódese contemplar un cambio de tendencia desde o ano 2013, pero desde logo a crise non está superada e causou unhas feridas moi profundas no panorama laboral español.
Desde mediados do ano 2013 tanto o PIB como o consumo comezou unha subida lenta, pero continua.

Ese aumento está basado tanto nas exportacións como no sector do turismo, e no aumento do consumo . O consumo é un indicador importante porque se se consume máis hai que fabricar máis e así mellorará o emprego.

Aínda que parece que mellora o contexto económico as taxas de paro que se prevén son altas todavía. Tamén hai factores internacionais que inflúen nesto: o prezo do petróleo, a situación política europea, a débeda...


Análise do mercado laboral

Aínda que os postos de traballo demandando van en aumento quedan moi lonxe da cantidade que se pedía antes de comezar a crise, no ano 2008.
Os contratos indefinidos supoñen solamente o 6% dos contratos iniciais.
Tanto Infojobs como o Sepe acredita un aumento considerable dos contratos indefinidos (aínda que o número é diferente entre os dous). Tamén aumentan bastante os contratos formativos e os de autónomos.



As ocupacións

Todas as categorías medran no ano 2014, agás Enxeñeiros e Técnicos que se manteñen.
As que máis aumentan son finanzas e banca, atención ó cliente, turismo e restauración.
En InfoJobs neste 2014 as ocupacións máis demandadas están relacionadas cos campos de: comercial e vendas, atención ó cliente, informática e telecomunicacións.








O despegamento da fibra óptica tamén aumenta a demanda relacionada con este campo: perfís técnicos e comerciais.

Da informática tamén emerxen especialistas moi buscados, relacionados co deseño de software e deseño web. A importancia que está gañando o comercio electrónico xera a necesidade de programadores orientadas ás web e tamén ás apps para móbiles.


Unha de cada catro ofertas require estudos superiores.











Máis da métade das ofertas piden experiencia.













Aumentan os candidatos sen experiencia e os becarios.

As franxas salariais mantéñense estables.


Un 33% dos candidatos están dispostos a cambiar de residencia por un traballo.


Aínda que os indicadores macroeconómicos e os anuncios do goberno sinalan o ano 2014 como a fin da recesión, o aumento moi tímido do PIB e a baixada de dous puntos na taxa de paro ( 23,7%) son insuficientes fronte á cifra total de desempregados.

O que está claro é que a realidade laboral actual é  un reflexo de toda a evolución da crise económica, con máis precariedade, menos remuneración económica e peores condicións laborais.





0 comentarios: