O SISTEMA EDUCATIVO

17:00 hostalaria.blogspot.com 0 Comments




http://ineverycrea.net/comunidad/ineverycrea/recurso/comparacion-lomceloe/53dbb987-d983-4733-bee9-2c7eeac7ae06




Sistema de Formación Profesional

Comprende o conxunto de ensinanzas que capacitan para o desenrolo de profesións. Existen tres tipos de oferta de formación profesional: reglada, ocupacional e continua.
Formación profesional regrada:
Ofrece unha especialización e coñecemento práctico respecto ó mundo laboral. Organízase en ciclos formativos:
  • Ciclos formativos de grado medio: Cursando este ciclo obtense o Título de Técnico na materia cursada.
  • Ciclos formativos de grado superior: Cursando este ciclo se obtense o Título de Técnico Superior.
Formación profesional ocupacional:
É a oferta formativa non reglada dirixida a desempregados principalmente, creada para potencia-la inserción e reinserción profesional. Realizada por entidades colaboradoras e financiadas polo Fondo Social Europeo, Servicio Público de Empleo Estatal e o SEF.
Formación profesional continua:
É formación nor regrada dirixida á población que xa exerce unha actividade no mundo laboral.



Formación para o Emprego

O obxectivo da formación para o Emprego, que vai dirixida a persoas desempregadas, é cualificalas para a súa integración no mercado laboral.


Deseño e acreditación das cualificacións

Instrumento técnico ó que lle corresponde a participación na elaboración dascualificacións profesionais que forman o Catálogo Nacional de Cualificacións Profesionais(RD 1128/2003, do 5 set.), así como a súa actualización e os procedementos para acadalas a través dos certificados de profesionalidade.
Obxetivos
  • Poñer en funcionamento na nosa Comunidade o sistema de identificación e determinación das cualificacións profesionais nos diferentes sectores.
  • Integrar e coordinar os tres subsistemas de formación profesional (específica, ocupacional e continua) para establecer unha oferta integrada de formación asociada ás cualificacións profesionais.
  • Servir de instrumento de apoio ao emprego mediante a acreditación das competencias profesionais dos traballadores, calquera que sexa a vía de acceso pola que se acadou a competencia profesional.
Funcións
As principais funcións deste servizo encádranse dentro de dúas grandes liñas de actuación:
  • Sistema de Cualificacións Profesionais de Galicia:
    • Identificar e definir as competencias profesionais que configuran as cualificacións profesionais nos diferentes sectores produtivos.
    • Deseñar a formación modular asociada ás cualificacións profesionais, que debe servir de referente común para os tres subsistemas de formación.
    • Implantar na nosa Comunidade o sistema de acreditación e recoñecemento profesional que se estableza no ámbito nacional.
  • Certificados de profesionalidade:
    • Analizar e propoñer a modificación dos certificados de profesionalidade existentes e propoñer a elaboración de novos certificados.
    • Poñer en marcha os mecanismos necesarios para obter e acreditar a competencia profesional mediante o recoñecemento da experiencia adquirida ou da formación axeitada.
¿Qué é un certificado de profesionalidade?
É un documento de carácter oficial e con validez en todo o territorio nacional que ten por finalidade acreditar as competencias profesionais adquiridas polas seguintes vías:
  • Vía formativa: formación ocupacional, continua e outras vías non formais de formación
  • Vía da experiencia laboral debidamente acreditada.
  • Vía formativa-experiencia laboral: programas de formación e emprego, contratos de aprendizaxe e para a formación





Competencias clave para o ano 2015

Resolución do 26 de febreiro de 2015, da Dirección Xeral de Emprego e Formación pola que se convocan probas de avaliación en competencias clave para acceder aos certificados de profesionalidade de nivel 2 e 3 de cualificación.
Cumprindo  o calendario do anexo II da resolución, publícanse os resultados definitivosdas probas realizadas o pasado 23 de maio de 2015.
Para consultar o resultado obtido  introducir  o DNI / NIE no “Buscador de notas”.Os resultados positivos de APTO obtidos nas probas realizadas,  comunícanse ao Servizo Publico de Emprego para que conste no expediente individualizado de todas as persoas que aprobaron as competencias clave aos efectos das xestións que se realicen nas oficinas de emprego.
En breve prazo enviarase por correo postal o certificado do resultado das probas ao enderezo que consta na solicitude inscrición.

Instituto Galego das Cualificacións


•    Teléfono de contacto:     981.546840    981.541562    981.546808
•    Fax:     981.544604
•    Enderezo electrónico:      ctb.igcualif@xunta.es








0 comentarios: